ferroldondeyonaci.es

 Todo sobre Ferrol

     O tempo para Ferrol      Idioma   Contáctanos
 
 

MENÚ

Orixe e evolución

Antigos barrios

Novos barrios

A zona rural

Prazas e Monumentos

Museos e Bibliotecas

Edificios

Edificios Civís
Construccións Militares

Tradicións

Deporte

O Naval

 

 
 
 
 
 

Edificios interesantes

da construción civil

 O se tratar da realización dun proxecto tan amplo e complexo, a duración das obras no barrio da La Magdalena prolongouse no tempo, desde o seus inicios a finais do século XVIII ata a primeira metade do século XX.

 A relativa lentitude dos traballos no só dependeu dos medios a empregar naquela época, senón tamén dos vaivéns económicos que sempre afectaron á vila. Abonda con sinalar que pasaron máis de vinte anos, desde que se comezou a planar a Praza das Dores (Amboage), ata que se comezaron os traballos para a do Carme (Armas).

 Xa que logo, é normal atopar entre os edificios do barrio de La Magdalena, algúns que amosen características de cada un daqueles séculos. O seguinte álbum fotográfico pretende aportar algúns exemplos.

 Desde finais do XVIII ata principios do XIX, obsérvase nas construcións certo desorde na distribución dos ocos nalgunhas fachadas, especialmente nos laterais dos edificios de esquina, o emprego de cantaría reforzando portas, fiestras e esquinas, e unha case total ausencia de ornamentos.

 

 

  Mais fotos

A partir de mediados del siglo XIX, el Ayuntamiento estableció unas normas que regulaban la disposición de los huecos en las fachadas, apareciendo edificios de distintos aspectos, que en su mayoría conservan la tendencia a consolidar una distribución, que se podría definir como ferrolana clásica, con tres aberturas por planta, con balcones, miradores y galerías. En la segunda mitad de este siglo, predomina una disposición de balcón central con miradores laterales en la primera planta y galerías en las superiores, aunque esta disposición se vio alterada algunas veces, con un balcón corrido en la primera planta o, en mirador central con balcones o ventanas laterales. También aparecen edificios con la planta baja toda de cantería.

 Edificios con balcón central o corrido en la primera planta:

         

 

Mais fotos

  Edificios con mirador central en alguna de las plantas:

                 

 

Mais fotos

 

Xa a principios do século XX, co emprego de novos materiais e novas normas urbanísticas, posibilítase a construción de edificios de tipo máis monumental, especialmente nos cruces das rúas, que acadan unha importancia que antes non tiñan. Abondan as formas redondeadas nas esquinas e algún que outro chafrán na planta baixa para facilitar a entrada nos estabelecementos comerciais. Boa parte dos edificios máis interesantes da cidade pertencen á primeira metade deste século e nalgúns deles, a ornamentación é a principal protagonista.

 

  

       

  

      Mais fotos

    

A segunda metade do século representa unha etapa negativa no que respecta á calidade urbanística das construcións. O interese económico imponse á estética urbanística e como resultado, a altura e o volume de moitos dos novos edificios rachan a harmonía co seu entorno. Algúns deles non merecen demasiada atención, máis outros amosan unha indubidable importancia arquitectónica.

 

    

 Mais fotos

 

Fora do barrio de A Magdalena, no resto da cidade foron aparecendo outros tipos de construcións, mais aínda se poden atopar edificios recentes que adoptaron a liña que se podería considerar como “clásica”.

 

                    

Mais fotos

 

Nun grupo aparte podemos incluír edificios especiais, de titularidade pública ou privada que destacan pola súa importancia arquitectónica.

 

 

Mais fotos

 

 

 

 

 

Edificios interesantes

da construción militar

 

 

Tendo en conta que o nacemento da vila de Ferrol foi debido a unha decisión política cara a súa dedicación á construción naval para a Armada, non pode estrañar a ninguén que nela se atopen moitas construción de tipo militar, como fortalezas e baluartes defensivos, cerramentos de protección e acuartelamentos, feitos de cantaría labrada, que foron edificados de xeito prioritario, o que xustifica a súa antigüidade datada nos séculos XVI, XVII e XVIII. 

 

O exemplo máis salientable deste tipo de edificacións son as tres fortalezas que defendían a entrada da ría, e que son coñecidas como “castelos”: o de “San Felipe”, na parte norte da bocana, e os de “Nosa Señora da Palma” e o de San Martiño, situados na orela sur, en fronte do anterior, se ben este último, igual que moitas das baterías que defendían a entrada, desapareceu do seu emprazamento, hai xa moitos anos, quedando só algunhas ruínas.

 

Aínda que o castelo de La Palma non pertence ao Concello de Ferrol, senón ao de Mugardos, é necesario mencionar os dous, como unha parte esencial da defensa da entrada da ría ferrolá.

 

A bocana da ría cos dous castelos, ollada desde o mar aberto

Esquerda, o castelo de San Felipe

Dereita o castelo da Palma

  

A disposición dos tres castelos e do seu armamento, cubría de tal xeito o canal de entrada, que facía practicamente imposible o éxito dun ataque por mar. Ademais, estaba previsto pechar a entrada cunha grosa cadea posta entre San Felipe e San Martiño, para dificultar aínda máis a entrada de buques inimigos.

 

O castelo de San Felipe

 

 

O castelo de La Palma 

 

A defensa da cidade polo lado do mar estaba garantida por grosos muros e baluartes igualmente construídos de cantaría, extraída das canteiras do Vispón e San Felipe no mesmo litoral da ría.

 Muro do Arsenal coñecido como “A Cortina”, asumindo o nome xenérico que se dá a todos os construídos entre dous baluartes

 

As portas e as garitas dos sentinelas, tiñan especial relevancia nas construcións defensivas.

 

Porta de entrada ao Arsenal, coa vía do tren

 

O edificio que foi destinado a Cuartel de Instrución de mariñeiría, inicialmente coñecido como “Sala de Armas” estaba rodeado de muralla. Hai pouco, aquela muralla foi cambiada por unha reixa que agora permite enxergar toda a importancia do edificio.

 

 O antigo Cuartel de Instrución, ou “Sala de Armas”

  

A porta de entrada ao Parque foi construída no século XVIII e reformada no XIX (1958) no reinado de Isabel II. Sobre a porta colocouse o escudo de Felipe V, que estaba no antigo estaleiro de A Graña.

 

Porta de entrada ao Parque do Arsenal

 

Ademais do groso muro e das garitas de vixilancia, a entrada ao Arsenal estaba protexida cun foxo, que foi recuperado nunha das súas partes.

 

Un extremo do muro coa garita e o foxo

  

As garitas son un claro testemuño da gran calidade profesional dos canteiros daquela época.

 

O outro extremo do muro, coa garita, preto da Porta do Dique

  

Outra das portas importantes é a Porta do Dique, que foi deseñada por Julián Sánchez Bort e construída no século XVIII. Trátase dunha porta con arco de medio punto incrustada nunha torre de sección cadrada a cal está rematada por unha cúpula e campanario. Enriba da porta hai un ático flanqueado por dous xarróns con guirnaldas. E enriba do ático, un grande escudo de armas do Rei Carlos III labrado en granito. Un pouco máis arriba do escudo, hai un reloxo en cada un dos lados da torre. 

 

A Porta do Dique

  

Outra das entradas cara ó recinto do Arsenal, é a porta de “Herrerías”, chamada así por ser o acceso aos importantes edificios dese nome, onde se elaboraban as diferentes pezas de ferro dos barcos.

 

Porta de entrada a “Herrerías”

  

Das tres portas marítimas que tiña a cidade, Curuxeiras, San Fernando e Fontelonga, só se conserva esta última, no barrio de Esteiro e preto do cuartel de Dolores. Despois dunha longa tarefa de limpeza e reconstrución das partes peor conservadas, hoxe pódese admirar ese conxunto arquitectónico do século XVIII composto de porta, os  arcos, a fonte e a subida.

 

A porta de entrada desde o mar en Fontelonga

 

 

Arco principal de Fontelonga

 

 Os arcos da fonte de Fontelonga

 

 A subida desde a porta de Fontelonga ata Esteiro

 

O recinto do estaleiro tamén estaba rodeado de muralla, que nalgún tramo xa foi derrubada e substituída  por unha reixa de ferro. A porta máis importante, que aínda se conserva como monumento, é a de Carlos III, que foi reconstruída en 1857, enriba das ruínas da anterior, feita a mediados do século XVIII.

 

A porta de Carlos III, no estaleiro

 

Tanto no interior do Arsenal, como no do estaleiro da antiga Bazán (hoxe Navantia), existen edificios importantes, representativos da construción militar daquela época.

Dentro do Arsenal Militar,  ademais do edificio de Herrerías  destacan outros como o Tinglado da Maestranza, todos construídos no século XVIII e con similares características.

No estaleiro destaca o edificio coñecido como “Tinglado de Arboladuras”, que fora posteriormente dedicado a varios talleres e finalmente rehabilitado a finais do século XX, sendo acondicionado como Sala Técnica dotada coa máis moderna tecnoloxía en informática.

 

Fachada principal da Sala Técnica de Navantia-Ferrol

 

Fachada posterior da Sala Técnica de Navantia- Ferrol

 

Dos baluartes que reforzaban a defensa da cidade, consérvanse o de San Xoán, e o de Canido, en zonas ás que antes chegaba o mar. O de San Xoán, na estrada baixa do porto, é o mellor conservado.

 

Aspecto exterior do Baluarte de San Xoán

  

No interior deste baluarte, chantada nun pequeno xardín, hai unha sinxela pedra como homenaxe ós heroicos defensores da cidade en Agosto do ano 1800.

 

 Parte interior do Baluarte de San Xoán

 

O Baluarte de Canido, non recibe a atención que como monumento debería concedérselle, malia a importancia que no seu día tivo como parte da defensa da cidade.

 

 Exterior do Baluarte de Canido

 

 Interior do Baluarte de Canido

 

No ano 1726, e por orde de El Rei Felipe V, Ferrol foi nomeada Capital do Departamento Marítimo do Norte, quedando baixo o mando dun Capitán Xeneral, e pasando pouco despois a depender directamente da Coroa.

Consecuentemente, houbo de ser habilitada unha residencia para as altas autoridades e os importantes visitantes. Esta residencia, que conta cun pequeno parque e xardíns, foi coñecida co nome de Capitanía.

 

Edificio de Capitanía

 

Outra das grandes construcións militares foi a do Hospital de Mariña, situada no barrio de Esteiro, cunha grande extensión amurallada e varias edificacións interiores para ás diferentes especialidades médicas. Actualmente transformada en Universidade.

 

Porta principal do antigo Hospital de Mariña, hoxe Universidade

 

Como cidade eminentemente militar, en Ferrol houbo - hai – varios cuarteis, dos que destacan o de “Dolores” base do Tercio Norte de Infantería de Mariña, o de Artillería, Sánchez Aguilera e o do Rexemento de Infantería de Mérida nº 44.

Destes tres, o único que actualmente continúa como acuartelamento militar é o do Tercio Norte, situado no barrio de Esteiro. É un edificio moi importante, todo feito de cantaría, cun amplo patio interior porticado.

 

Fachada principal do Cuartel de Dolores

  

O cuartel de Artillería “Sánchez Aguilera”, xa desocupado, foi cedido ó Concello polo Ministerio de Defensa, atopándose en espera da nova distribución do seu amplo espazo e dependencias.

 

Fachada principal do Cuartel de Sánchez Aguilera

 

O cuartel de Infantería de Mérida é outra importante construción, toda de cantería, actualmente desocupado, agás algunhas dependencias, como a dedicada a Arquivo Rexional Militar.

 

Fachada principal do Cuartel de Infantería de Mérida

 

En Ferrol construíronse tamén varios grupos de vivendas para os militares, tanto para oficiais como para suboficiais, dos exércitos de terra ou da mariña, e algunha residencia para aqueles mandos de destino temporal na nosa cidade.

 

Residencias militares do exército, na Rúa Roi Xordo

Residencias militares do exército, na Plaza de España

(Edificio Holiwood)

 

 

 

 
 
 

Copyright © 2007 ferroldondeyonaci. Todos os dereitos reservados